Gabriel Alén gaba a programación cultural do Xacobeo 21 – 22 por amosar a riqueza turística de Galicia

Esta mañá, na presentación da Gran Gala Internacional Galicia Ilusiona que conta co apoio da Xunta

  • O delegado territorial subliñou que a Xunta apoia esta iniciativa baixo o paraugas do Xacobeo co obxectivo de converter a Galicia en referente e epicentro da maxia a nivel mundial e, ao mesmo tempo, levar e encher de ilusión toda a comunidade nestes tempos difíciles
  • A programación do festival contempla tamén 7 grandes galas internacionais de maxia coa presenza dos mellores magos e magas do mundo, que  en Ourense se desenvolverá o 1 de outubro
  • Así mesmo, as funcións Maxia na Rúa: Maxia no Camiño, que se levan a cabo nos concellos de Barbadás, Ribadavia, O Barco de Valdeorras, A Rúa, O Carballiño, Coles, Celanova Maceda, Pereiro de Aguiar, Leiro, Maside, San Cibrao das Viñas, Verín e Xinzo de Limia
  • Tamén a gala, Maxia Solidaria, o 30 e 31 de setembro na Unidade de Pediatría do CHOU, destinado aos rapaces e parazas que polas súa  circunstancias non poden  acudir ao espectáculo

Ourense, 22 de setembro de 2022.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación da Gran Gala Internacional Galicia Ilusiona que se desenvolverá o sábado, 1 de outubro, no Auditorio Municipal de Ourense e na que participarán cinco dos mellores ilusionistas do mundo: Hyunjoon Kim (Corea), Sebastian Dethise (Bélxica), Dania Díaz (Venezuela), Jimmy Delp (EEUU) e Dani Polo (Galicia). As entradas teñen un prezo único e reducido de 12€ e están á venta na web do Festival (www.galiciailusiona.es).

AVANTAR ACTIVIDADES

O delegado territorial subliñou que a Xunta apoia esta iniciativa baixo o paraugas do Xacobeo co obxectivo de converter a Galicia en referente e epicentro da maxia a nivel mundial e, ao mesmo tempo, levar e encher de ilusión toda a comunidade nestes tempos difíciles.

Para Gabriel Alén este Xacobeo 21-22 busca a implicación de toda a sociedade na súa programación cultural con actividades espalladas por todo o territorio galego, xa que o Camiño de Santiago é o mellor reclamo turístico de Galicia. Ademais o Xacobeo tamén está vinculado con actividades relacionadas co deporte, a natureza, o patrimonio, a cultura, a gastronomía, e neste caso, maxia.

O Festival Mundial do Ilusionismo Galicia Ilusiona inclúe nos seus dous meses e medio de duración espectáculos dirixidos ao público familiar en emprazamentos céntricos dos concellos galegos para mostrar a maxia que ten Galicia a veciños e a visitantes neste Xacobeo 21-22.

A programación do festival, ademais destas 7 grandes galas internacionais de maxia levadas a cabo nas 7 grandes cidades, coa presenza dos mellores magos e magas do mundo, acolle tamén 7 desafíos extremos levados a cabo nas 7 grandes cidades; as funcións Maxia na Rúa: Maxia no Camiño, que se leva a cabo nos concellos de Barbadás, Ribadavia, O Barco de Valdeorras, A Rúa, O Carballiño, Coles, Celanova Maceda, Pereiro de Aguiar, Leiro, Maside, San Cibrao das Viñas, Verín e Xinzo de Limia; e a gala Maxia Solidaria, o 30 e 31 de setembro na Unidade de Pediatría do CHOU, destinado aos rapaces e parazas que polas súa  circunstancias non poden  acudir ao espectáculo.

A Xunta invita a desfrutar do ilusionismo neste Ano Santo e a camiñar a Galicia para descubrir a maxia que envolve a todos os recursos turísticos -as paisaxes, o patrimonio, ou a gastronomía- e todas as rutas do Camiño de Santiago.

O Festival Mundial do Ilusionismo Galicia Ilusiona

Un dos obxectivos deste festival é ser un referente a nivel nacional, polo que se pretende elevar a arte da maxia a un novo nivel. Trátase dun dos festivais máis ambiciosos de Europa (en canto a número de accións, artistas e duración) coa posibilidade de que a marca Galicia sexa moi potenciada a todos os niveis. Debido a isto, búscase crear unha experiencia única e espectacular, atendendo polo miúdo a cada un dos detalles.

A nivel artístico, é fundamental para nós potenciar tres factores: contar coa presenza dos mellores e máis premiados ilusionistas do momento e do mundo, priorizar a igualdade neste mundo emerxente, coa presenza de Magas e Magos, en todas as accións que se levarán a cabo, e apostar pola maxia galega, contando con magos e magas galegos/as para unha boa parte dos espectáculos.

A nivel técnico, cóntase cos mellores e máis actuais equipos posibles. Toda unha exhibición de luz e son, con presenza de pantallas led e efectos especiais, tales como explosións pirotécnicas controladas ou canons de confeti, serán un dos puntos fortes que complementen os actos dos mellores magos do mundo na Gran Gala Máxica Internacional.

O festival ten unha duración de dous meses e medio, comezando o día 1 de agosto e rematando o 15 de outubro. Durante o mes de agosto terán lugar os desafíos de maxia extrema e grande parte das actuacións en concellos, aproveitando así os exteriores.

Durante setembro e outubro, a maxia inundará os teatros e auditorios coas galas internacionais, ao tempo que se manteñen actuacións en concellos.