San Cristovo de Cea celebra as festas patronais na honra da Virxe da Saleta

O concello de San Cristovo de Cea celebra nos próximos días as súas festas patronais na honra da Virxe da Saleta, as últimas deste verán. O actos relixiosos comezaron ca novena, dende o 16 ó 25 deste mes. Ese mesmo día, este domingo e tamén o luns, haberá misas ás 9, 10 e 11 horas e ás 12 horas misa solemne o domingo ca Coral Polifónica do Carballiño e o luns canta Grupo Lembranzas de Pontevedra.

O sábado animación polos pobos e Feitizo de Pau ademais de verbena ca orquestra New York e Tentaciones. O domingo a orquestra Olympus e Fussión e o luns pasarrúas, procesión, concertos de mañá e de tarde ludoteca infantil con inchables, festa da escuma e verbena con Claxxon e Pégate.

AVANTAR ACTIVIDADES