A asociación Alarma Terra de Montes continua cas mobilizacións

A asociación Alarma Terra de Montes continua incansábel, despois de charla informativa
celebrada o sábado na aldea de Cabanelas, quilómetro 0 do Parque eólico Cabanelas, no día de hoxe continúa a xeira de defensa e posta en valor da terra participando da man do
Colectivo do Vento, de Campo Lameiro, na manifestación da cidade da Coruña que
convocou á xente do urbano e do rural baixo o lema “O pobo galego contra a depredación
enerxética”. Nese sentido, desde a asociación faise chamado a todos os veciños que teñen raíces na comarca, para que espallen a alarma nas cidades nas que viven, asinen alegacións e participen de todas as movilizacións que se convoquen para que esta barbaridade invasiva de destrución e miseria promovida polas empresas, neste caso Greenalia, pero tamén Naturgy, Enel green power, a mal chamada “asociación” eólica galega, etc… desistan de tal atentado contra a vida.
Asi mesmo, e continuando co traballo destes últimos meses, desde a asociación tamén se
estará vixiante cos concellos da Estrada, Forcarei e Cerdedo-Cotobade. No caso do de
Forcarei, con especial interese, xa que a comisión de seguimento, aprobada en pleno, debería estar convocada antes de finais de semana