Arenteiro 1 – Oviedo Vetusta 0

Antón Escobar dá tres novos puntos ao Arenteiro fronte ao Oviedo Vetusta

Un gol do dianteiro de Nigrán na segunda parte deu o triunfo a un Arenteiro que dorme en zona de play off
O Arenteiro continúa co seu gran inicio de liga e hoxe aumentou a súa serie como invicto despois de vencer ao Oviedo Vetusta por un gol a cero. O tanto foi obra dun Antón Escobar que , cunha magnífica xogada individual, bateu ao porteiro astuariano e deu tres novos puntos ao conxunto dirixido por Fran Justo. Os do Carballiño son terceiros con oito puntos, só por detrás de Guijuelo e Valladolid Promesas.

AVANTAR ACTIVIDADES

O partido foi moi igualado durante a totalidade dos minutos pero unha xenialidade de Antón Escobar decidiu o partido en favor dos locais. Era o minuto 72 cando o dianteiro recibiu un bo balón de Martín Lamelas, encarou ao último defensa e, tras gañarlle ao choque, regateou ao porteiro visitante para marcar a pracer o gol decisivo que catapulta ao Arenteiro aos postos altos da clasificación.

Con esta vitoria, o Arenteiro inicia unha semana onde afronta tres duelos en Espiñedo. O primeiro deles pechouno co triunfo de hoxe ante o Oviedo Vetusta, mentres que o mércores enfrontarase ao Naval na primeira rolda da fase final de Cópaa RFEF e a próxima fin de semana recibirá a visita do Real Avilés na quinta xornada da liga.

FICHA DO PARTIDO. PREMER NA IMAXE

PREMER NAS IMAXES 

2ª DIVISIÓN RFEF  Resultados e Clasificación

RESULTADOS – CLASIFICACIÓN

C D Arenteiro Datos