Ribeiro en Común reclama maior información á Xunta sobre o proxecto anunciado dun novo vial na Foz, en Ribadavia.

Reclamamos información sobre a intención anunciada da Xunta de facer un novo vial pola Foz en Ribadavia.
Unha vez máis a Xunta pretende impoñer un proxecto sen informar ao Concello de Ribadavia nin aos veciños afectados.
Reclamamos que a Xunta e as demais Administracións implicadas (Deputación e Concello de Arnoia) sexan máis transparentes con este proxecto, que teñen silenciado e tapado desde o cambio de goberno en Ribadavia. 
En Ribadavia, tanto Concello como veciños, queremos saber que terreos e fincas se van ver afectadas, e a cal do noso patrimonio lle vai afectar, despois de que o Alcalde de Arnoia afirmara na prensa que quere un vial novo na Foz. As preguntas que deben responder son, van facer un novo vial entre as casas da Foz, polo monte comunal de San Paio? ou nos históricos socalcos agrarios da Foz? Vaille afectar ao convento de San Francisco?? Preguntas que merecemos sexan aclaradas.
Queremos que se estude polo menos a posibilidade de facer unha nova ponte noutra ubicación alternativa, sen pasar pola Foz. Agardamos que o aforro económico non sexa o principal criterio. 
Noutra orde de cousas, recordamoslle á Xunta de Galicia que desde o Concello de Ribadavia está solicitado desde fai tempo a colaboración e participación da Xunta para a mellora e restauración da Ponte de San Francisco, cuxo vial é da súa titularidade e competencia. Unha ponte histórica que necesita urxentemente ser mellorada, e que a Xunta non pode seguir ignorando. Non comprendemos que a Conselleira visitara neste ano reiteradas veces A Arnoia e aínda non recibira a ningún representante do Concello de Ribadavia, nin cando tivo que pasar por Ribadavia para acudir a Arnoia.
Pedimos maior información aos veciños e máis respecto institucional.