Chegou o número 8 da revista Mazarelos

Chega aos quioscos un novo número de Mazarelos: revista de Historia e Cultura. Nesta ocasión, o número arranca cunha reportaxe a Antonio Murado no seu estudo en Nova York, entre botes e tubos de pintura. O mercado da arte, os museos, o traballo do artista e moito máis nunha conversa entre o artista lucense e Clara Reigosa Lombao. O número segue cunha reflexión sobre o acontecemento dos Irmandiños e os diferentes graos de interpretación e relevancia que se lle deron dende a historiografía. Revolta, revolución ou rebelión? Que é o máis adeucado? A continuación, un artigo sobre a preocupación en tempos da reforma en Galicia da extensión do pecado na relixiosidade popular. Figuras como Frei Antonio de Guevara, o papel dos frades e dos leigos e máis para comprender este suceso.

Dende o Museo Provincial de Lugo chéganos unha investigación sobre a primeira imaxe asociada á institución. A través de medallóns e escritos vemos como a deidora da sabedoría, das artes e da artesanía fora a elixida para esta tarefa. E de Lugo marchamos para Xapón, cun análise da presenza das composición do galego Enrique X. Macías nos auditorios nipóns. Na conversa, Arantza Portabales e Diego Giráldez falan do sentimento de publicar unha novela, das formas de construír unha obra e moito máis nunha calorosa tarde pontevedresa. Por último, pecha o número Espazo Brétema co seu obxectivo de establecer unha rede de contacto de artistas galegas. Todo encabezado coa capa de Iria Ribadomar e a súa lámina “O Jaliñeiro de Elena”.

AVANTAR ACTIVIDADES