O Instituto Nacional das Artes Escénicas e a Música incrementa a subvención á MIT de Ribadavia

A alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, anuncia que  trala visita a Ribadavia de Javier de Dios, Subdirector General do Instituto Nacional das Artes Escénicas e a Música (INAEM), e trasladarlle as necesidades relacionadas con temas referentes ás artes escénicas, a Mostra de Teatro e Concello de Ribadavia, acadan o  compromiso do Ministerio para seguir desenvolvendo a cultura e as artes escénicas en Ribadavia, cun incremento de 5.000€

O ano pasado a subvención concedida polo ministerio foi de 62.000 euros, cantidade que nesta ocasión se incrementa en 5.000€ sendo unha vez máis o INAEM, a administración que maior aportación fai a MIT de Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES

A solicitude que se lle traslada ao subdirector de teatro, é que a Mostra acade unha FINANCIACIÓN ESTABLE do Goberno de España, a día de hoxe, o Ministerio de Cultura y Deporte, é a administración que máis aporta a este evento tan importante para a cultura Concello de Ribadavia.

Dende o INAEM manifestáronlle a rexedora, que a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia é un dos eventos máis importantes do panorama nacional, e eso vese reflexado no importe da subvención concedida.