O programa Coidados porta a porta queda sen ocos libres ata a súa volta ó Carballiño en xaneiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O entorno da igrexa da Veracruz acolle dende hoxe o servizo da unidade móbil “Coidados porta a porta” promovida pola Xunta de Galicia. Ademais de estar na xornada de hoxe, aínda poderán pedir cita todos os interesados para o próximo luns e martes. E para o mércores, xoves e venres poderán facelo para o concello de Maside.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Para acceder a este servizo será necesario pedir cita previa, aínda que todas as prazas están cubertas para os próximos días. No mes de xaneiro estarán de volta ó Carballiño.

Ofrece servizos asistenciais gratuítos  para todas as persoas maiores de 55 anos. Entre os servizos está a estimulación da memoria, onde un profesional realizará unha valoración cognitiva; servizo de audioloxía con valoración e exploración e podoloxía cunha consulta básica.

Os profesionais que dan consulta neste servizo nos últimos meses destacan o bo trato recibido por parte da xente. Este programa remóntase o ano 2019 cando se puxo en marcha, e grazas á boa acollida, neste ano incrementáronse a oito as unidades móbiles e estará en todos os concellos galegos.