O Concello de Piñor organiza a V FESTA DOS CALLOS que terá lugar o domingo 9 de outubro na Praza do pobo do Arenteiro!!!

Despois do parón obrigado, recuperamos esta tradicional xuntanza gastronómica na que o prato protagonista son os callos. Con este fin organízase esta festa de degustación, e tamén co obxectivo de reunir aos veciños e veciñas de Piñor e tarmén atraer visitantes doutros concellos.
Ademais haberá unha actuación musicial, hinchables para os máis novos e tamén unha concentración de motos clásicas.
O prezo para a o xantar, menú composto de Empana, Xamón Serrano, Callos, Postre, Pan, Viño e Café, é de 15 € por persoa, e para asistir é preciso comprar as entradas están a venta no Concello e nos locais que se indican no cartel que se achega, ata o MÉRCORES 5 de outubro.

Agradecemos de antemán a difusión que lle poidan dar a este evento gastronómico e cultural, que ano tras ano foi superando o número de comensais e visitantes, polo que este ano agardamos superar as cifras de anos anteriores.

AVANTAR ACTIVIDADES