O Partido Popular de Ribavia critica que o concello quedase sen obradoiro de emprego

O Partido Popular de Ribadavia fací público hox eun comunicado no que amosaban a súa crítica porque o concello quedase sen obradoiro de emprego. Esta foi a nota do grupo:

“A incapacidade do desgoberno municipal de provoca que Ribadavia quede sen obradoiro de emprego na convocatoria 2022-2023. Os populares de Ribadavia lamentan que a veciñanza de Ribadavia sexa víctima da incapacidade do goberno bipartito e se perda a oportunidade de que 20 veciños do concello poidan formarse e conseguir un contrato laboral porque o goberno municipal non foi capaz de elaborar e presentar un proxecto para a convocatoria de obradoiros 2022-2023.

AVANTAR ACTIVIDADES

Atopámonos ante unha alarmante deixadez de funcións que debería vir acompañada da asunción de responsabilidades políticas xa que 81 dos 92 concellos da provincia terán obradoiro de emprego, e Ribadavia non terá pola preguiza dos seus gobernantes. É inxustificable que entre os dous grupos municipais que ocupan actualmente o goberno ninguén fose capaz de estar pendente de cando se abría a convocatoria de obradoiros para intentar preparar un proxecto e presentalo. Un desleixo e unha preguiza que provocaron que Ribadavia sexa dos poucos concellos da provincia que non terá un obradoiro de emprego.

Os populares sinalaron que “Mentres o Partido Popular de Ribadavia estivo no goberno municipal sempre se presentou un proxecto á convocatoria de obradoiros de emprego da Xunta de Galicia, e cómpre lembrar que o último obradoiro de emprego concedido a Ribadavia foi o solicitado polo goberno do Partido Popular en febreiro de 2021, antes de que se producise a moción de censura.”

Pois ben, nesta convocatoria do ano 2022 na que a Xunta incrementou a dotación do programa para chegar ao maior número de persoas posible, o Concello de Ribadavia non foi capaz de elaborar e presentar un proxecto para un obradoiro de emprego. Unha vez mais, queda demostrado que as constantes e fortes liortas existentes entre os grupos que conforman o desgoberno municipal, causan graves prexuízos á veciñanza de Ribadavia, privando a 20 veciños e veciñas do nosos concello de formación e un contrato laboral de 12 meses. Unha neglixencia coma esta, froito da absoluta preguiza e incapacidade do goberno municipal debería estar acompañada da renuncia inmediata dun goberno que leva máis de ano e medio de brazos cruzados no que a xestión se refire e, que neste tempo só se ten dedicado a pelexarse entre sí e a situar a Ribadavia no furgón de cola dos concellos da provincia”.