Este sábado, dará comezo a XV Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón

O Carballiño acollerá en outubro e novembro a XV edición da Mostra de Teatro Amador Terras de Orcellón, organizada polo grupo de teatro Tiruleque co patrocinio da Deputación de Ourense e o Concello do Carballiño.

A XV Mostra de Teatro Amador Terras de Orcellón programará sete obras de compañías galegas entre outubro e novembro: todas celebraranse no Auditorio Manuel María do Carballiño a partir das 20,00 horas. A primeira cita será “Olimpo’s”, de Farandoleiras Cabaré -1 de outubro-. A partir de aí, “O enredo”, de A Tequerreté -12 de outubro-; “Un desastre de función” de Gargallada Teatro -15 de outubro-; “Siempre nos quedará Venecia” de La Caja de Pandora -22 de outubro-; “O documento” do Grupo de Teatro Ollomao -29 de outubro-; “Nadal na casa dos Lamelo”, de Achádego Teatro -30 de outubro-; e “Microtirulos”, de Tiruleque Teatro, composta por “Raios, tronos”, “Milhomes”, “Morreu a tía María” e “Reencarnación”, programada para o 5 e 6 de novembro.

AVANTAR ACTIVIDADES