Ourense, capital mundial do termalismo na apertura do Congreso Internacional de Turismo Termal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense celebrou hoxe o acto inaugural do Congreso Internacional de Turismo Termal, que reunirá durante tres días a 250 profesionais e 35 relatores para abordar o futuro dos destinos termais sostibles. Un encontro do máis alto nivel organizado pola Asociación Europea de Cidades Históricas Termais e co aval da Organización Mundial do Turismo e mailo apoio da Xunta de Galicia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No acto inaugural estiveron presentes Manuel Baltar, Presidente da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais e Presidente da Provincia de Ourense; Miguel Mirones, Presidente da ICTE e Asociación Española de Balnearios; Thierry Dubois, Presidente da Asociación Europea de Balnearios ESPA; Stefano Dominioni, Secretario Executivo do Acordo Parcial Ampliado sobre Itinerarios Culturais do Consello de Europa; Stefan Szirucsek, Presidente do Consello da Asociación de Grandes Cidades Balnearios de Europa; o Profesor Francisco Maraver, da Sociedade Internacional de Hidroloxía Médica (ISMH); Gonzalo Pérez Jácome, Alcalde de Ourense; Mar de Miguel, Presidenta da Xunta de Membros Afiliados da OMT e Alfonso Rueda, Presidente da Xunta de Galicia.

Un dos eixos do futuro termal e que tamén fixo posible este congreso, en palabras do presidente da Deputación, Manuel Baltar, é xerar cooperación e asociación, tendendo pontes, con outros espazos internacionais, toda un honra e unha oportunidade para Ourense.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o termalsimo, mesma idea recuperada do tempo dos romanos, aproveitando as augas como uso médico e lúdico e a cidade de Ourense, epicentro termal e deste congreso. Rueda destaca que temos o máis importante: a auga, pero fai falla unha proposta estratéxica con medidas que reforcen aínda máis o potencial turístico e termal.

Stefano Dominioni, Secretario Executivo do Acordo Parcial Ampliado sobre Itinerarios Culturais do Consello de Europa, destacou a súa posta en marcha no 2010 para reforzar o potencial dos Itinerarios culturais para a cooperación cultural, o desenvolvemento sustentable e a cohesión social, entre eles Ourense, e como non pode ser doutro xeito, o turismo termal.

Hoxe, un día despois do Día Mundial do Turismo, tamén cabe destacar que turismo se recupera trala covid. Mar d eMiguel, presidenta da Xunta de Membros Afiliados da Organización Mundial do Turismo, destaca a reinversión actual, ca necesidade de adaptación ós novos escenarios e necesidades, e ahí entra tamén o turismo termal, unha das formas máis valiosas do turismo sostible. A OMT comprométese a potenciar o turismo termal.