AFAOR instalará unha mesa informativa o 30 de setembro no Carballiño, con motivo do Mes do Alzhéimer.

No mes de setembro conmemórase o Mes Mundial do Alzhéimer, data que axuda a achegar e sensibilizar á sociedade sobre esta enfermidade que é considerada unha das epidemias deste século.

Este tipo de patoloxías fan meya nas poboacións envellecidas, como a do Carballiño, un colectivo susceptible de desenvolver cadros vinculados á deterioración mental.
Por este motivo a mañá do 30 de setembro, A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense, Afaor trasladarase á Villa, onde instalará na Rúa Principal unha mesa informativa coa que dar a coñecer o labor que coas afectadas por esta enfermidade e as súas familias desde 1995.

AVANTAR ACTIVIDADES


Desde hai anos, AFAOR desenvolve no Carballiño, coa colaboración coa Concellería de Benestar Social, Talleres de Estimulación e Prevención Deterioro Cognitivo. Esta actividade dirixida a persoas afectadas de deterioración cognitiva e para aquelas persoas maiores por mellorar os seus reservas cognitivas, conta con gran acollida veciñal. Estes Talleres teñen lugar os martes e os xoves pola mañá nas instalacións de Bo Día Familia, rúa Calvo Sotelo, 34.

Para apoiar esta iniciativa, a mesa contará coa presenza de Dª Guadalupe Sobrado Pérez, Concelleira de Benestar Social do Carballiño.