O trofeo Vila do Carballiño de patinaxe artística acada a súa quinta edición

A cita celebrarase, na modalidade de libre, o sábado no pavillón anexo do Paco Chao con 120 patinadoras e patinadores de clubes das catro provincias galegas
O Trofeo Vila do Carballiño de patinaxe artística que organiza o Club Aehde cumpre a súa quinta edición. O evento celebrarase o vindeiro sábado en xornada de mañá e tarde, dende as dez ata as 20 horas, no pavillón anexo do Paco Chao carballiñés e contará con 120 patinadoras e patinadores de seis clubes en representación das catro provincias galegas.
O evento celebrase na modalidade de libre con xuices da Federación Galega de Patinaxe que puntuan as once categorías diferentes de que consta o certame en función do nivel e da categoría dos participantes. O Vila do Carballiño é o trofeo máis lonxevo de cantos organiza o Club Aehde e recuperouse no ano pasado logo de estar parado pola pandemia.
Igual que o ano pasado, conta co patrocinio de constructora Oreco Balgón e coa colaboración do Concello de Carballiño e a Deputación Provincial de Ourense, ademáis doutras entidades privadas