O MPC Terras de Cea Bike Team e o Concello de San Cristovo de Cea organizan este próximo domingo 2 de outubro a súa primeira Ruta BTT con unha excelente inscripción. Preto de 300 bikers daránse cita nesta estrea máis que existosa para o clube.
Cun recorrido de 38 km, de dificultade media, o clube ofrece a oportunidade ós ciclistas de coronar a Serra Martiñá e poderán contemplar o Mosteiro de Oseira como puntos destacados. A saída será dende a Praza Maior de Cea, e contarán con dous puntos de avituallamento. Xa está todo preparado logo de días d emoito traballo por parte dos membros do clube.