O sector do metal continúa en folga, reclamando igualdade salarial co eixo atlántico

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os obreiros do metal da provincia de Ourense están en folga dende a quenda de noite do pasado martes. Un parón que polo de agora prevese que se estenda ata o día 5 de outubro. Se ata esa data non logran un acordo, a patronal e os sindicatos ameazan cunha folga indefinida. A súa principal reclamación é acabar coa brecha salarial co eixo atlántico, asegurando que a diferencia converte ós ourensáns nos que reciben o menor prezo por hora de toda a comunidade.

Este acordo afecta a uns 4.500 empregados e freou a actividade en empresas como GRI Towers no Carballiño, e outras da provincia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As organizacións empresariais do sector do metal manteñen unha firme vontade de negociación para tratar de chegar a un acordo satisfactorio para ambas as partes que evite a convocatoria indefinida da folga. Nesta mesma liña conciliadora, consideran dende a patronal que é urxente que empresas e traballadores traten de chegar a un punto intermedio dos seus postos que facilite a sinatura do convenio.