A Concellería de Cultura do Concello do Carballiño lembra que segue aberto o prazo de matrícula para as Escolas municipais de Teatro e Danza. Poderase solicitar a asistencia ás mesmas ata o remate das prazas que están a disposición das persoas que estean interesadas en formarse nas referidas escolas municipais.
As persoas interesadas deberán recoller o impreso da matrícula no departamento de Cultura do Concello do Carballiño (situado no 2º andar da Casa do Concello, na Praza Maior) e unha vez cumprimentado cos seus datos o/a interesado/a deberá recoller o recibo do importe da matrícula no Servizo de Recadación (situado na Rúa Faustino Santalices) para posteriormente realizar o pagamento nas dependencias do Concello e, finalmente, presentar a folla de matrícula xunto co resgardo do pagamento no rexistro municipal.
Os alumnos e alumnas que estean interesados en formarse na Escola de Teatro poden facelo en calquera dos seguintes grupos:
ESCOLA DE TEATRO
NÚMERO DE PRAZAS
– Grupo infantil: 15 prazas/grupo
– Grupo iniciación: 15 prazas/grupo
– Grupo perfeccionamento: 15 prazas/grupo
IDADES
– Grupo infantil: de 6 a 12 anos
– Grupo Iniciación: a partir dos 13 anos
– Grupo Perfeccionamento: a partir dos 13 anos
PREZOS DE MATRÍCULA E MENSUALIDADE
Matrícula ……………………………………………………. 14,92 €
Mensualidade……………………………………………….. 11,59 €
No caso da Escola Municipal de Danza a oferta é a seguinte:
ESCOLA DE DANZA
NÚMERO DE PRAZAS
– Zumba fitness: 20 prazas/grupo
– Zumba KIDS: 20 prazas/grupo
– Ritmos latinos: 20 prazas/grupo
– Pilates: 20 prazas/grupo
– Ballet: 20 prazas/grupo
– Funky: 20 prazas/grupo
– Danza tradicional: 20 prazas/grupo
IDADES
– Ballet: a partir dos 4 anos
– Funky I: de 8 a 11 anos
– Funky II: + de 11 anos
– Zumba KIDS: a partir dos 9 anos
– Danza tradicional: a partir dos 6 anos
PREZOS DE MATRÍCULA E MENSUALIDADE
Matrícula ………………..…………………………………………… 14,92 €
Mensualidade
– Zumba fitness ……………………………………………… 11,59 €
– Zumba KIDS ……………………………………………….. 11,59 €
– Ritmos latinos ……………………………………………… 11,59 €
– Pilates……………………………………………………….. 11,59 €
– Ballet ………………………………………………………… 21,60 €
– Funky ……………………………………………………….. 21,60 €
– Danza tradicional ……………………………………………. 8,25 €
Para máis imformación:
Departamento de cultura-Concello do Carballiño
Praza Maior, 1
Tel. 662 198 615 / 988 530007, ext. #329
E-mail: oixcultura@carballino.gal

