A Deputación avanza na colaboración co concello de San Amaro no reforzo dos servizos e infraestruturas públicas

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Fernando Rodríguez Redondo (Alcalde do Concello de San Amaro).

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo esta mañá no Pazo Provincial un encontro de traballo co alcalde de San Amaro, Fernando Redondo, no que se analizaron as novas propostas de cooperación formuladas polo rexedor arredor do reforzo dos servizos públicos e a mellora das infraestruturas para os veciños,

A xuntanza foi definida como “moi satisfactoria” polo presidente do goberno provincial xa que, como resalta Manuel Baltar, os acordos acadados permitirán fortalecer a cooperación con San Amaro, e seguir avanzando “en cuestións absolutamente centrais na folla de ruta deste goberno provincial”. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Manuel Baltar avanzou o apoio da Deputación a dous novos proxectos presentados polo alcalde: a implicación do goberno provincial na reforma do centro de saúde de San Amaro, asumindo a parte que lle corresponde ao Concello no convenio coa Xunta de Galicia e, por outra banda, a axilización da reforma integral da estrada OU-0303 ao seu paso por San Amaro. 

“Proxectos importantes, básicos para os veciños de San Amaro e cos que a Deputación está implicada ao 100%”, resaltou Manuel Baltar, que destaca a “capacidade propositiva e o liderado de Fernando Redondo en San Amaro”.