O concello de Ribadavia reclama celeridade na obra da ponte da Veronza

O Concello solicita a maior rapidez á Deputación para iniciar a obra o antes posible antes de que a temporada de chuvias e a subida do caudal do río dificulte a reforma. 

Desde o Concello fixeron unha achega de preto de 10.000 euros para poder facer fronte a esta obra. Supón un esforzo importante para as arcas municipais, que non estaba previsto.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desde o Concello agradecen o apoio da Deputación a esta reforma moi necesaria dunha ponte histórica que sufrira danos moi graves no inverno do ano 2017, cando importantes inundacións e unha cicloxénese asolaran Galicia nese ano, deixando a ponte gravemente danada e derruída.