O Parlamento aproba parcialmente a proposta socialista para mellorar a xestión dos incendios nos espazos naturais protexidos

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa do seu deputado,
Pablo Arangüena Fernández, a través do portavoz e ao abeiro do disposto no
artigo 151.2 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte
Moción para substanciar a Interpelación debatida na sesión plenaria do día 27 de
setembro de 2022, sobre as políticas de prevención de incendios do Goberno
galego (doc. núm. 40146).
Moción
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a mellorar a xestión dos
incendios nos espazos naturais protexidos de Galicia, a través das seguintes
medidas:


1º) Garantir a coordinación entre as consellerías de Medio Ambiente e Medio
Rural.
2º) Incrementar os labores de prevención de incendios neses espazos, sempre de
forma respectuosa cos seus valores ambientais.
3º) Establecer cortalumes formados por especies forestais autóctonas.
4º) Incentivar o pastoreo neses espazos para diminuír a presencia de biomasa
inflamable.
5º) Establecer mapas de riscos e protocolos de actuación específicos para o caso
de incendio neses espazos.
6º) Facilitar que os axentes de medio ambiente participen nas tarefas de
prevención e extinción dos incendios neses espazos.
7º) Evitar a erosión do solo queimado co deseño de protocolos de actuación
adaptados a cada espazo para a súa restauración tras os incendios.
8º) Posibilitar a fixación de poboación coa mellora dos servizos públicos e o
establecemento de estímulos á actividade económica neses espazos.
9º) Avaliar o coste de implantar pagos por servizos ecosistémicos nos espazos
naturais protexidos de Galicia.
CSV: REXISTRO-orWgY9Mxn-9
Verificación:
https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/

AVANTAR ACTIVIDADES