O portavoz popular José Luis Ferro, lamenta os métodos antidemocráticos do alcalde, “que convoca a sesión en horario de mañá, en contra do establecido no regulamento, e impide así a asistencia de dous concelleiros do PP por motivos laborais”
· Denuncia que o alcalde “actúa como si tivese maioría absoluta, sen capacidade de diálogo e con prepotencia, como xa quedou en evidencia logo doutras decisións tomadas en contra da vontade da maioría dos cidadáns”
O grupo municipal do Partido Popular de Celanova vén de anunciar o seu voto favorable ao paquete de investimentos que se presentan ao pleno ordinario de mañá mércores, “nun exercicio de responsabilidade política diante da veciñanza”, afirma o portavoz popular José Luis Ferro, “malia os métodos antidemocráticos do alcalde, que convoca a sesión en horario de mañá, en contra do establecido no regulamento, e impide así a asistencia de dous concelleiros do PP por motivos laborais”.
Aínda que os investimentos previstos son necesarios para a veciñanza “tamén é certo que hai outras demandas perentorias”, afirma o portavoz popular, que empraza ao alcalde a abrir liñas de diálogo coa oposición, tanto co PP como cos nacionalistas, para tratar de acordar cales son os investimentos máis urxentes: “Hai pobos que levan cinco meses sen auga e non hai obras previstas no plan para paliar esta situación”.
O rexedor, abonda Ferro neste sentido, “actúa como si tivese maioría absoluta, cunha manifesta falta de capacidade de diálogo, mantendo unha actitude prepotente como xa quedou en evidencia logo doutras decisións tomadas en contra da vontade da maioría dos cidadáns de Celanova”.
José Luis Ferro fai fincapé ademais no “talante antidemocrático” do alcalde, que convocou o pleno en horario matinal “imposibilitando a presenza de dous concelleiros do PP por motivos de traballo, o que lle dá marxe para aprobar os investimentos sen contar co resto da oposición”.
O representante do PP denuncia que a convocatoria en horario de mañá incumpre o regulamento aprobado na sesión de organización, “que indica que os plenos ordinarios celebraranse os mércores pola tarde”. Neste sentido desvelou que presentaron un recurso de reposición, que foi desestimado, “non só coa finalidade de que poidan estar presentes todos os concelleiros, incluídos os nosos, senón tamén para facilitar a asistencia da veciñanza”.
Con todo, o grupo municipal popular está a xestionar a necesaria autorización para que podan votar os dous concelleiros do PP que non poden asistir ao pleno, “de tal xeito que tamén referenden co seu apoio eses investimentos”.