O sábado 8 de outubeo, ás 20 horas, na sede da Fundación Vicente Risco, en Allariz, a FVR, que é a organizadora, terá lugar o III Concerto do VIII Ciclo de Música de Cámara Petiscos musicais.Actuará Juan M. Vázquez, que cocará guitarra barroca, vihuela e cítola, e interpretará un repertorio variado.
A Fundación Vicente Risco leva desenvolvendo esta actividade desde o ano 2015 coordinada pola profesora de piano Cristina Vázquez Canal. Petiscos musicais é un ciclo anual de catro concertos, un por cada estación do ano, tendo unha gran acollida entre os amantes da música de cámara. O aforo está limitado a 35 persoas, tendo preferencia os abonados. O prezo da entrada solta é de 12 euros. Rogamos comunicar asistencia ao enderezo electrónico secretaria@fundacionvicenterisco.com indicando nome, número de teléfono e e-mail de contacto.A doazón mínima para o abono dos catro concertos é de 40,00 €.