O Concello de Ribadavia solicita a mellora do Centro de Saúde

SOLICITAMOS A MELLORA DO APARCAMENTO DO CENTRO DE SAÚDE DE RIBADAVIA.
O CONCELLO REITERA A PETICIÓN DA MELLORA DO ENTORNO DO CENTRO DE SAÚDE, TITULARIDADE DO SERGAS. 
O SERGAS ESTÁ REMATANDO A REFORMA DO EXTERIOR DO CENTRO DE SAÚDE, POLO QUE SE FAI OBRIGATORIO A MELLORA DOS SEUS ACCESOS E DO SEU APARCADOIRO.

Cando está rematando a execución da obra de reforma exterior do centro de saúde de Ribadavia, desde o Concello reiterámoslle ao SERGAS a necesidade de facer melloras tamén no acceso ao Centro de Saúde, na accesibilidade en vehículos a actual zona de aparcamento e de acceso dos cidadáns ao interior do propio centro.

No mes de maio de 2021, antes do inicio da obra, o Concello entregoulle ao SERGAS unha Memoria de Remodelación do aparcadoiro do Centro de Saúde- PAC de Ribadavia, terreos de titularidade do SERGAS, que recolle o seguinte:

      A. Apertura do aparcamento coa retirada dos muros e creación dun vial que una a rúa do Carballiño coa rúa Veronza.
      B. Creación de: 1.- zona de servizo e estacionamento de ambulancias e servizos médicos, 2.- un carril de servizo para usuarios e taxis, facilitando a entrada e saída de vehículos, 3.- zona de carga e descarga de persoas con mobilidade reducida no centro de saúde.

Non sería de recibo que o SERGAS remate a obra de mellora exterior do edificio do centro de saúde e non se mellore a zona de acceso de vehículos e pacientes, acceso ao centro cuxo estado está en moi malas condicións tanto para veciños, pacientes e tamén aos vehículos e ambulancias.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Concello insiste nunha petición trasladada antes do inicio das obras, en maio de 2021, argumentando en que ademais das obras de mellora do Centro de Saúde, que non abordarán melloras estruturais do edificio nin de instalacións,  senón só exteriores e baños, deben contemplar máis melloras no proxecto:

1. Necesidade de resolver o problema existente importante que existe no acceso a este centro de saúde, onde mesmo as ambulancias deben saír marcha atrás na maioría de ocasións, e os pacientes e usuarios do ambulatorio con problemas de mobilidade atópanse con moitos obstáculos. Ocasionando ademais problemas de tráfico na rúa do Carballiño, que ten moita actividade e ademais é compartida polos centros de ensino de Ribadavia.
Neste sentido, no mes de maio o Concello presentou no SERGAS unha unha memoria de melloras a través dos servizos técnicos con informes da Policía Local e da Oficina de Urbanismo, propoñendo a intervención de mellora no actual aparcamento.

2. Necesidade de melloras na rede de subministro eléctrico, de auga e saneamento, así como na propia accesibilidade ao interior do propio centro.

Estas peticións que consideramos necesarias e xustas, están avaladas polos correspondentes informes técnicos da Policía Local e do servizo de Urbanismo. Ademais, fíxose entrega dunha Memoria de remodelación do contorno do PAC de Ribadavia, terreos de titularidade do SERGAS.

Esta reforma é unha reivindicación realizada durante moitos anos, e que mesmo foi reclamada no Parlamento de Galicia en varias ocasións, como consecuencia da non  construción do novo Centro de Saúde proxectado no Campo da Feira e asinada por Xunta e Concello antes no ano 2009.

Desde o Concello consideramos unha moi boa nova que a reforma exterior do centro estea na súa fase final,  pero tamén recordamos que o compromiso anterior da Xunta con Ribadavia contemplaba un investimento tres veces maior que o que agora vai realizar o SERGAS.

– Características do Proxecto e Orzamento:

Recordamos que a intervención na envolvente exterior do centro está constando de varias actuacións nas fachadas e cuberta dotando de illamento térmico toda a envolvente do edificio e renovando as carpinterias exteriores as protección solares e a cubrición do edifico. Tamén se están a renovar os aseos de uso común do centro, pintándose o interior.

O prezo inicial desta obra de reforma ascende a 481.000 euros, sendo de 692.815 euros con IVE incluído.  
Sendo unha reforma moi necesaria, é un orzamento moi inferior ao Convenio asinado entre Concello e Xunta en  2009 para a construción dun novo  Centro de Saúde en Ribadavia, ubicado no Campo da Feira, que ascendía a 2.881.994 euros.

Aínda que esta mellora foi unha intervención necesaria, o Concello reiterase a necesidade de que se realice por parte do SERGAS propostas de mellora ao Proxecto de reforma, seguindo a Memoria técnica elaborada pola Oficina de Urbanismo e Policia local na que se recolle unha petición de intervención no actual aparcamento para a súa mellora:
    • Apertura do aparcamento a través do derrubamento dos actuais muros e barreiras arquitectónicas.
    • Creación dun vial que una a rúa do Carballiño coa rúa Veronza.
    • Creación dunha zona de parada e estacionamento de ambulancias e servizos médicos, e un carril de servizo para usuarios e taxis.

A creación deste vial é unha petición unánime da sociedade ribadaviense, tanto de usuarios como de sanitarios, e que ven avalada por informes técnicos que mellorarían tanto a mobilidade como a circulación nesta zona, que con este vial se vería amplamente mellorada.