O Centro de Estudios Chamoso Lamas ultima os preparativos do XII Congreso, que se desenvolverá co título de “Valorización e Xestión do Patrimonio Cultural e Medioambital” os días 7,8 e 9 de outubro, e cuxo acto inaugural terá lugar este venres 7, ás 10,30 h na Casa da Cultura do Carballiño.
Esta convocatoria de carácter bianual que organiza a entidade cultural carballiñesa, en colaboración co concello do Carballiño e a Universidade de Vigo, así como do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Ribeiro, da Bodega Pazo Tizón e do IES Chamoso Lamas, caracterízase por ter unha alta participación tanto no número de ponentes como no de persoas inscritas, na súa maioría estudantes.
Así, a previsión final é que o número de matriculacións e asistentes pode achegarse ao medio centenar, incluidos os integrantes e colaboradores do centro de estudios. Tendo en conta o aforo limitado da Casa da Bexanca de Cabanelas, sede da entidade que albergará as ponencias da xornada do sábado 8 e a mañá do domingo 9, pode asegurarse que se ocuparán a práctica totalidade das prazas dispoñibles.
A xornada inaugural do venres 7, tanto de mañá como de tarde, desenvolverase na Casa da Cultura do Carballiño, e a de clausura na tarde do domingo 9 celebrarase na bodega Pazo Tizón de Moldes, polo que nestes lugares amplíase considerablemente o aforo, permitíndose a asistencia ás persoas non matriculadas.
Por un imprevisto de última hora, a conferencia inaugural que ía a ser pronunciada polo historiador carballiñés Felipe Senén o venres 7 ás 20,00 h, será impartida por Xosé Carlos Sierra, historiador, que pertenceu ao corpo facultativo de conservadores de museos do Estado e que foi conservador e director do Museo Etnolóxico de Ribadavia, así como director do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela e subdirector xeral de Museos e Patrimonio Histórico e Documental, entre otros cometidos.
HORARIOS DO SERVIZO DE MICROBÚS DO XII CONGRESO CECHL
Empresa A MONTAÑESA
Sábado, 8
Traslado do Carballiño a Cabanelas:
Saída: 08,30 h. Lugar: Avda. Evaristo Vaamonde (fronte ao Templo da Veracruz)
Excursión cultural
Traslado de Cabanelas a Oseira:
Saída: 11,00 h.
Traslado de Oseira á Fábrica do Papel da Lavandeira:
Saída:12,50 h.
Traslado da Fábrica do Papel á Avda. Evaristo Vaamonde:
Saída: 13,50 h.
Traslado do Carballiño a Cabanelas:
Saída: 15,00 h. Lugar: Avda. Evaristo Vaamonde (fronte ao Templo da Veracruz)
Regreso de Cabanelas ao Carballiño:
Saída: 21,30 h.
Domingo, 9
Traslado do Carballiño a Cabanelas:
Saída: 08,30 h. Avda. Evaristo Vaamonde.
Regreso de Cabanelas ao Carballiño:
Saída: 14,00 h.
Traslado do Carballiño a Moldes (Adega Pazo Tizón)
Saída: 15,45 h. Avda. Evaristo Vaamonde.
Regreso de Moldes ao Carballiño:
Saída: 21,00 h.