O goberno aproba os estatutos da Mancomunidade de augas con Maside para legalizar a captación e depuración

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A corporación  concello do Carballiño reuniuse esta mañá en sesión plenaria ordinaria correspondente a setembro.

Para esta xornada, o grupo de goberno leva a aprobación da proposta de días festivos locais par ao 2023, na que propoñen o 18 de setembro, xa que o festivo local do San Cibrao coincidira en domingo. E seguirá o punto da conta xeral do 2021, que amosan segundo o alcalde, Francisco Fumega, “equilibrio financieiro”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O seguinte punto de conflito foi a aprobación dos estatutos da Mancomunidade para a captación de auga e a depuración, legalizando así o tratamento de augas tanto do Arenteiro coma do Carrás. Aprobouse cos votos en contra de toda a oposición, xa que consideran que non é un sistema que beneficie ó Carballiño e critican que ó ter que asumir este concello o 87% dos custes, a toma de decisións vaia ó 50% entre este e o municipio de Maside.

En canto ó control da oposición, Espazo Común presenta dúas mocións. Por unha banda, levan unha proposta para a creación e renovación de instalacións deportivas municipais, apoiada por todos os grupos. O alcalde anunciou un convenio para mellorar o pavillón da Uceira e dotalo de uso compartido escolar e deportivo. Aínda así, votaron a favor de planificar unha ampliación de infraestruturas a longo prazo.

Por outra banda, piden a posta en marcha dunha liña de axudas para libros de texto de 100 euros por neno para todas as idades escolares. Segundo o alcalde, o voto en contra do goberno fundaméntase en que ten que outorgarse a axuda segundo a renda.

Por parte do Partido Popular presentan unha moción para a redución dos impostos, taxas e prezos públicos. Segundo Fumega, os estudos realizados polos técnicos municipais non aceonsellan esta rebaixa, aínda que vota a favor de facer un estudo económico.