Antiq Auria abriu hoxe as súas portas a unha fin de semana chea de antigüidades en Expourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Expourense acolle esta fin de semana a sexta edición de Antiq Auria, Feira Internacional de Antigüidades, que reunirá a 38 expositores de 5 países (España, Portugal, Suíza, Francia e Bélxica). Acto organizado pola Asociación “Memoria Antiga” de Ourense coa colaboración do recinto feiral de Ourense.

Hoxe abriu as súas portas e farao o sábado 8 e o domingo 9 de outubro de 11:00 a 14:30 horas e de 16:00 a 21:00 horas. A entrada custa 2 euros e é gratuíta para os menores de 12 anos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Miles de obxectos de pequeno e gran formato agardan unha nova vida. Podemos atopar antigüidades (obxectos de máis de 50 anos) como xoguetes, teléfonos, reloxos, mobles, xoias, utensilios de prata, porcelana, etc. Obxectos de coleccionismo como numismática, filatelia, militares e relixiosos, e obxectos vintage.

E o domingo, a “gran poxa”, a partir das 12:00 horas. Cada expositor entregará un obxecto a poxa entre o público asistente e cada un deles terá un prezo de saída de 5 euros.

Ademais de Antiq Auria, as instalacións de Expourense acollen esta fin de semana a exposición interactiva “Dinousaurios Experience European Tour”. Estas dúas actividades combinadas poden ser un bo plan familiar para este sábado e domingo.