A arquitecta de orixe carballiñes Teresa Táboas presidiu o Xurado de Proxectos da Bienal de Arquitectura Mexicana

Bienal de Arquitectura Mexicana , que premia cada dous anos os mellores proxectos de Arquitectura de México, en distintas categorías

A Bienal Nacional de Arquitectura Mexicana levou acabo o día 1 de Outubro a cerimonia de premiación e presentación do libro da XVII BNAMX.
Na inauguración a Secretaria de Competicións, Bienais e Premios Arq. Ana Itzel López Santacruz felicitou a todos os participantes e destacou a importancia de participar na BNAMX. Estes exercicios de recoñecemento da arquitectura mexicana suman á proxección dos arquitectos no país.

AVANTAR ACTIVIDADES


Pola súa banda o Presidente Arq. Marco Vergara Vázquez destacou que o exercicio profesional da arquitectura en México busca sempre mellorar a calidade de vida das persoas.


O Mtro. Mtro. Arq. José Luis Cortés Delgado Presidente da Union Internationale des Architectes (UIA) deu unhas palabras aos bienalistas de recoñecemento aos seus proxectos.

O xurado cualificador de Proxectos da BNAMX estivo integrado por: Arq. José Luis Cortes Delgado Xurado de Proxectos, Arq. Teresa Táboas Veleiro Presidenta do Xurado de Proxectos, Arq. Bernardo Gómez-Pementa Xurado de Proxectos, Arq. Ana Itzel López Santacruz Coordinadora Xeral da BNAMX e Xurado de Proxectos, Arq. Saúl Alcántara Onofre Xurado de Proxectos.


Teresa Táboas foi conselleira de vivenda na Xunta de Galicia entre os anos 2005 e 2009 . Grazas a ela e a través do seu departamento fixeronse en Carballiño no poligono industrial da Uceira importantes inversións por máis de 4 millóns de euros. Entre elas o Plan Director do poligono