Maside retomou a Festa do Cabalo do Puzo do Lago logo da pandemia

Este ano viñeron moitos competidores á Festa do Cabalo do Puzo do Lago, en Maside, para competir nas diferentes probas que tiveron lugar tanto de raza como a tradicional carreira de burros ou remate dá xornada. Dende a organización agradecen a participación este ano despois de dous anos de paron e que vos participantes voltaran a ser fieis a cita. Os xinetes procedían de distintos lugares das catro provincias galegas e tamén do norte de Portugal.

Nesta 32 edición engadíronse dúas competicións ás habituais dos últimos anos: a carreira de carros enganchados e dous de galope, alén de andaina chapeada, andaina serrada, trote montado, trote enganchado e carreira de burros que se celebraron ao longo de toda a xornada, que se inauguraba cunha ruta pola contorna.  Participaron máis de 100 exemplares entre cabalos e burros, excedendo anteriores edicións en que se roldaban os 60 equinos.

AVANTAR ACTIVIDADES