O XII congreso do centro de estudios Chamoso Lamas reivindica o alto valor do patrimonio cultural e medioambiental das comarcas do Carballiño e o Ribeiro

IES CHAMOSO LAMAS

Tras tres días de ponencias, debates, coloquios, proxeccións audiovisuais e visitas culturais, clausurouse a última hora da tarde de onte na Adega Pazo Tizón de Moldes o XII Congreso do Centro de Estudios Chamoso Lamas, que se caracterizou polo elevado interese e nivel das investigacións presentadas, a diversidade temática e, sobre todo, pola alta participación, cunha media de asistencia de cincuenta persoas, chegando nalgunha xornada ao global dun centenar de asistentes.

O profesor de Historia da Arte da Universidade de Santiago, o carballiñés David Chao Castro pronunciou a conferencia de clausura, na que puxo de manifesto a necesidade de preservar aqueles elementos de interese arquitectónico e paisaxístico máis emblemáticos da vila do Carballiño.

OZOCOgz Deseño Galego

Ao termo da exposición, e coa presencia dos alcaldes do Carballiño e Maside, así como da alcaldesa de Boborás, realizouse un breve balance deste encontro bianual multidisciplinar, destacando as aportacións das conferencias e comunicacións ao coñecemento e divulgación do patrimonio cultural e medioambiental das terras do Carballiño e do Ribeiro, que se considera de alto valor, e que serán publicadas o próximo ano nunha edición dedicada a este congreso da revista Argentarium, que promove o Centro de Estudios Chamoso Lamas.