Continua a actividade da XV Mostra de Teatro Amador “Terras de Orcellón” do Carballiño coa actuación de A Tequerreté

Continúa a actividade da XV Mostra de Teatro Amador "Terras do Orcellón"
do Carballiño coa actuación de A Tequerreté,  grupo de teatro de Teo,
que pon en escena a obra "O enredo"; unha comedia na que a trama xira ao
redor do nome do fillo que espera unha parella; e para  festexar o feliz
nacemento organízase unha cea familiar na que todo se vai enleando con
discusión, reproches e rifas, con grandes doses de ironía.

O 12 de outubro as vinte horas no Auditorio Manuel María do Carballiño.