GRI Towers Galicia cifra en 850.000 euros as perdas en danos materiais e perda de proxectos nesta folga indefinida

Unha semana despois de que os sindicatos declarasen a folga indefinida, segue sen haber postura de acercamento entre traballadores e a patronal, logo doutra tarde de negociacións sen resultado

Hoxe cúmprese unha semana dende que os sindicatos decretasen a folga indefinida para o sector do siderometal na provincia de Ourense, e segue crecendo a problemática. Despois dunha reunión entre as partes, convocada o pasado martes 4 de outubro, pola Confederación Empresarial de Ourense, a negociación non chegou a porto. Os sindicatos apoian o dereito á folga e a reclamación dos traballadores dun convenio digno e un salario xusto, en comparación coas outras provincias galegas. Onte pola tarde, os sindicatos (UGT, CCOO, CIG) volvían a reunirse ca patronal durante a tarde e ata chegada a medianoite. De novo, o acordo salarial non consigue achegar postura entre as aprtes. Polo de agora, e nun futuro próximo, non parece que que a situación presente melloras nin se relaxe a tensión.

AVANTAR ACTIVIDADES

No Carballiño, dentro do sector, onde se están producindo maiores reivindicacións é na empresa GRI Towers Galicia, fábrica con entidades en moitos países de varios continentes e que ademais destaca por un carácter localista, xa que colabora en proxectos municipais para o fomento do emprego e a formación e a inserción laboral.

Dende a dirección desta empresa amósanse de acordo con que os traballadores reivindiquen os seus dereitos, comprendendo que a inflación dos últimos meses supón un incremento do custe da vida, que non se ve equiparado cunha suba salarial. Dende a propia empresa pechan o balance mensual cun duplicado da factura eléctrica. Por este mesmo motivo aseguran comprender as reclamacións. E precisamente nese marco, a empresa vota a favor da negociación, representados neste caso pola Confederación Empresarial de Ourense.

Dereito á folga fronte o dereito a traballar

Nos últimos días, dende GRI Towers Galicia dirixíronse ós seus traballadores con varios comunicados, nos que aseguran que deixaron patente a liberdade de todos eles de elixir acollerse ó seu dereito á folga e tamén o seu dereito a continuar traballando.

Remarcan dende a dirección da empresa que nunca se coaccionou a ninguén a continuar acudindo ó seu posto de traballo, que todos os que fan é por propia vontade. Remarcan que algún dos membros sindicais puido subir ó autobús no que os traballadores acoden ó seu lugar de traballo para comprobalo.

Co paso dos días, a situación foi incrementando a tensión que se pode vivir nos cambios de turno e no acceso ó ámbito laboral en GRI Towers. Deste xeito, para tentar facilitar o dereito ó traballo dos que quixeran facelo, a empresa puxo a disposición deles un autubús, ante os piquetes que se desenvolvían nas inmediacións da empresa.

Nestes cambios de turno foi necesario contar ca colaboración da Policía Local e da Garda Civil ante as situacións que comezaron a vivirse e tamén nos últimos días cos antidisturbios. Os traballadores que se acollen á folga adoitan querer impedir o paso deste autobús, nalgunhas ocasións lanzando contra el pelotas de pintura e segundo aseguran dende a empresa tamén colocando cravos para pinchar as rodas. Tamén se produciron roturas de vidro no autocar a causa do lanzamento de pedras, segundo a empresa. Estes non son os únicos actos vandálicos dos que amosan a súa reticencia, se non que falan tamén de ataques físicos e verbais ás persoas que acoden a traballar, danos nos seus vehículos persoais e amezas, entre outros desperfectos ós que se suma o uso de cóckteles Molotov, en propias palabras da dirección. Aseguran tamén que para impedir o acceso ó recinto, sufriron danos en varios cadros eléctricos, ca intención de que as cancelas non se puidesen abrir.

Estas accións, para a empresa non están xustificadas dentro do dereito a reclamar as súas reivindicacións e considéranas “una vulneracións de los derechos”. En canto ós actos violentos, dende GRI Towers defenden a actuación policial e tamén da xente que continúa traballando como “fuerza para hacer valer su derecho a continuar con su trabajo” e consideran que o que se está a facer é degradar e non respectar a vontade de cada un deles a decidir.

Ademais dos danos materiais, tamén se está poñendo en xogo o futuro a medio prazo da empresa, xa que sen traballadores non se pode poñen en funcionamento unha fábrica do tamaño de GRI Towers. Por este motivo aseguran estar de acordo ca negociación e de que canto antes se chegue a un acordo. A dirección cifra en 850.000 euros os danos ós que teñen que facer fronte con esta folga ata o de agora, non so en actos vandálicos, se non tamén en proxectos que tiveron que ser rexeitados e destinados a outras sucursais da empresa por non contar con medios suficientes para facerlles fronte.

Así, o pasado martes, día 4 de outubro, a dirección tiña unha reunión de traballo para abordar un proxecto. Ese mesmo día, ó non chegar a porto ca negociación e dar comezo unha folga indefinida, esta reunión foi cancelada, así como o encargo que estaba previsto que se lle outorgase á sucursal do Carballiño.

Convenio sobre a mesa

Na reunión celebrada o pasado martes, a patronal presentaba unha oferta na que se elevaba un punto a suba salarial para o ano 2023, pasando do 4% ó 5% e ademais percibindo a compensación con carácter retroactivo dende xuño. Esta oferta foi considerada peor ca presentada no mes de maio, na que se establecía unha suba do 4% anual para os próximos tres anos e un pago retroactivo dos atrasos desde xaneiro. Esta proposta, en palabras da dirección de GRI Towers, xa era “bastante generosa”, xa que ascendía a un desembolso dunha cifra que rondaba os catro millóns de euros. Esta mesma proposta foi aceptada en maio por un dos sindicatos, e tiña o inconvinte de que se non era aceptada non se contemplaría o pago de atrasos.

Os sindicatos, pola súa banda, manteñen a súa postura. Tamén consideran que a principal reivindicación, a de incluír unha cláusula de revisión salarial para garantir o poder adquisitivo dos traballadores en caso de que continúe o incremento da inflación, segue sen ser atendida pola patronal.

Para a dirección de GRI Towers Galicia “negociar es ceder” e tamén queren recordar por qué a provincia de Ourense se atopa na situación actual con este convenio con respecto a outras provincias. Durante as negociacións, nos outros emprazamentos conseguíronse melloras salariais pero contémplase a xornada laboral os sábados, algo que na provincia de Ourense fora rexeitado.