26 clubes e 180 patinadoras/es daranse cita no Carballiño

A III Fase de Niveis do 1 ao 3 celébrase o sábado no anexo Paco Chao coa organización da Federación Galega a o Club Aehde

O pavillón Paco Chao do Carballiño volve ser escenario dúas semanas despois dunha competición de patinaxe artística na modalidade de libre. Nesta oportunidade será a terceira e última fase de niveis do 1 ao 3 que organiza a FGP e o Club Aehde e que contará ca participación de 26 clubes das provincias de Pontevedra e Ourense e con máis de 180 patinadoras/es. O evento arrancará as nove e media da mañá e rematará once horas despois cun pequeño receso a mediodía.

AVANTAR ACTIVIDADES

Está será a segunda competición oficial de patinaxe artística e a terceira en global, que a Federación Galega de Patinaxe, encargou ao Club Aehde neste ano 2022, as únicas que se celebraron na provincia de Ourense.