O Concello de Ribadavia foi elixido polo Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) en colaboración co Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia (AIIG), para premiar ás persoas, empresas e entidades que máis destacaron no ámbito da enerxía en Galicia durante o ano 2021.
O Concello de Ribadavia levou a cabo diferentes medidas para reducir o consumo enerxético. Coa renovación do alumeado público, este concello da provincia de Ourense conseguiu un sistema máis eficiente que permite un maior control no seu funcionamento, ademais de reducir o gasto en iluminación. Este sistema permitirá un aforro enerxético para o Concello do 58% no alumeado público.
Dende o concello amosáronse contentos e orgullosos de recibir este premio e recoñecemento, que é froito do esforzo, no que apostamos por un municipio sostible, a través dun modelo baseado na eficiencia enerxética, respecto ao medio ambiente e aforro económico, nun momento que considero que o incremento na factura eléctrica se dispara e debemos servir de exemplo para a sociedade, e tendo en conta a necesidade da reducción da factura eléctrica do concello.
O concello renovou o alumeado público en TODO o municipio, actuando en 1.725 dos 2.055 puntos de luz existentes, o que supón a renovación de máis do 70% das luminarias que aínda estaban sen modernizar.
Ademáis fixeron unha nova instalación de iluminación no paseo dos ríos Miño e Avia desde Francelos a San Cristovo, ao seu paso por Ribadavia, que xa están en funcionamento para uso e desfrute dos veciños.
A aposta por levar a cabo esta zona, tan transitada polos veciños/as, tanto para facer deporte, uso de lecer e/ou acceso a fincas agrícolas, foi motivo para dotar de iluminación este paseo fluvial. Coa chegada do outono-inverno, nas que as horas de luz do día diminúen, faise intransitable esta zona do paseo, por elo levaron a cabo esta obra de instalacións novas, que xa están en funcionamentoa.