O Concello de Ribadavia sube un ano máis as axudas para material escolar.

Por segundo curso consecutivo o Concello sube o número e cuantías de axudas de material escolar en infantil, chegando a un total de 36 veciños beneficiados.

O Concello é a única Administración en Ribadavia que ten axudas para material escolar nesta etapa educativa, de 3 a 6 anos.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Venres pasado, 7 de outubro, remataba o prazo para solicitar no Concello de Ribadavia axudas para material escolar na etapa de infantil, onde non existen axudas escolares. As “Axudas de material escolar para Educación Infantil do Concello de Ribadavia para o curso escolar 2022-2023” podían chegar ata os 100 euros, sendo axudas do 50% en liñas xerais e podendo chegar ao 100% do gasto en material escolar para as rendas familiares máis baixas.

O Concelleiro responsable de dereitos sociais, Brais Fidalgo, manifesta a súa satisfacción por conseguir un ano máis aumentar o número de solicitudes e as súas cantidades, grazas ao novo cambio establecido desde a concellaría en 2021 cun novo formato que é capaz de chegar a máis xente e cubrir un gasto real do que o profesorado lle demanda ao alumnado e as súas familias.

Así, se o ano pasado se bateu un récord con 31 beneficiados, esta ano chégase aos 36, superando con creces o promedio anual dos anos anteriores que foi de só 7.

Isto foi posible grazas a aumentar a partida orzamentaria no Concello e sobre todo ao diálogo coa comunidade educativa, tanto profesorado como ANPA, logrando chegar a máis veciños e veciñas.

Este ano todos os beneficiados son do colexio CEIP Ribadavia na súa etapa de infantil, mentres que o colexio CRA Amencer, tamén de Ribadavia, cubre o seu material escolar cunha liña propia, polo que desde o Concello estudaranse novas liñas de colaboración con este colexio e o seu alumnado.