O sábado 15 de outubro ás 12:30 h presentación da obra gañadora do XXVI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O sábado 15 de outubro ás 12:30 horas no Centro Sociocultural Mingos da Pita de Melide terá lugar a presentación da obra gañadora do XXVI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, outorgado a David Rodríguez Rodríguez, pola súa obra “Liberdades antigas, tempos modernos: o republicanismo de Castelao”.

A Fundación Vicente Risco organiza este premio en colaboración cos concellos de Allariz, Castro Caldelas e Melide; a Deputación de Ourense; a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD), representada pola Escola de Ciências Humanas e Sociais (ECHS) e as Universidades da Coruña (UDC), Santiago (USC) e Vigo (UVIGO).

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO