Agresión na Praza dos Liborianos

Sobre as 7 da tarde produciuse unha brutal agresión na zona da Praza dos Liborianos.

Por causas desconocidas un xoven agrediu de forma inesperada a un veciño de Carballiño que estaba na zona. Tirouno ao chan e emprendeuna a patadas con él Varios veciños da zona conseguiron parar a agresión.

AVANTAR ACTIVIDADES

Acudiu a policía local e unha ambulancia para atender ao ferido.

Posteriormente incorporouse unha patrulla da garda civil.

Procedeuse a detención do agresor xa que presentaba unha actitude agresiva. Foi trasladado as dependencias policiales onde lle tomaron declaración.

O ferido non necesitou ser trasladado a un centro médico e posiblemente maña cando estea xa recuperado presentará a correspondente denuncia