Culminada a rehabilitación da casa reitoral de Xinzo, que contou coa colaboración da Deputación

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistiu esta tarde á inauguración do edificio, valorando a importancia da “cooperación entre administracións públicas como panca para acometer proxectos coma este”

A reforma integral da casa reitoral, que terá usos parroquiais, culturais e sociais, realizouse a través dun convenio de colaboración entre Deputación de Ourense, o Concello de Xinzo, a Xunta de Galicia e o Obispado de Ourense

AVANTAR ACTIVIDADES

Ourense, 13 de outubro de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistiu esta tarde á inauguración da casa reitoral de Xinzo de Limia, rehabilitada para usos parroquiais, culturais e sociais. Un proxecto que contou cun investimento do goberno provincial, dentro dun acordo de colaboración co Concello de Xinzo, a Xunta de Galicia e o Obispado de Ourense. 

Rosendo Fernández estivo acompañado, entre outros, polo obispo de Ourense, Leonardo Lemos; a alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama; e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. 

Rosendo Fernández valora a importancia dunha actuación que realiza un “acondicionamento integral” dun edificio que sufría humidades, ademais de habilitar tres vivendas para sacerdotes da parroquia no primeiro piso e a recuperación de pezas arquitectónicas tradicionais. O vicepresidente primeiro tamén destaca a importancia dos “novos espazos que terán asociacións como Cáritas na parte inferior da casa reitoral”. 

Esta obra, reivindica Rosendo Fernández, pon en valor a importancia da “cooperación entre administracións públicas, un eixo imprescindible na folla de ruta da Deputación de Ourense, sempre disposta a atender as necesidades dos concellos, entidades e asociacións ourensáns”.