CxG de Punxín pide transparencia ca obra de mellora na bodega do alcalde

Esta mañá, en rolda de prensa, o voceiro de Compromiso por Galicia do concello de Punxín, Eladio Fernández, informaba de que ven de recibir unha citación para acudir a un acto de conciliación previo a unha querellas por calumnias interposta polo representante de Cobiastec.

O tema ó que se refiren é a acusación do voceiro ó alcalde polo incumprimento da legalidade urbanística e un expediente aberto pola APLU. O voceiro acusaba ó alcalde de utilizar a empresa que se contrata para obras municipais para o arranxo da súa bodega e pedía as facturas desta reforma para solventar as dúbidas de quen pagou esa reforma.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para o voceiro, o alcalde e o equipo de goberno deberían ser os principais interesados en ter transparencia e aclarar estas dúbidas. O voceiro envía a mensaxe á empresa de que esta non é forma de actuar, se non que se debería aclarar o acontecido con transparencia e documentos.