O alcalde recibe ás traballadoras do Asilo e ó secretario da CIG para escoitar as súas peticións

O secretario comarca do sindicato CIG de Ourense estivo esta mañá no Carballiño acompañando a varias traballadoras do Asilo Irmáns Prieto do municipio. O colectivo que el representa leva varios meses denunciando unha situación de incumprimento do convenio que aseguran que derivaron en sentencias que condenan á fundación ó pago de prestacións que non se estaban a pagar, e que deu lugar ó despido destas traballadoras. Un destes despidos xa foi considerado improcedente polos tribunais.

Agora, a empresa debe ou pagar unha indemnización ou readmitir á traballadora. A CIG reclama que en cinco días, prazo legal, readmitan a esta traballadora. Hoxe, no Carballiño, reuníronse co alcalde para facerlle a petición de que vote no padroado en favor desta traballadora. Francisco Fumega recibiunos no salón de plenos para escoitar a súa petición.

AVANTAR ACTIVIDADES