O Seprona investiga dous casos de maltrato animal en Carballeda de Avia e Piñor

O Seprona da Garda Civil tomou declaración como investigado a un veciño de Abelenda das Penas, en Carballeda de Avia, como presunto autor dun delito contra a protección da flora e a fauna. O motivo foi a presunta colocación de dúas ataduras e dúas trampas nunha granxa próxima á súa casa para a caza furtiva de animais salvaxes.

Ademais, tomou declaración en calidade de investigado a un veciño de Pereira, en Piñor, como presunto autor dun delito de malos tratos animais, co resultado da morte de fame de dous cans.

AVANTAR ACTIVIDADES