Os traballadores ratifican o preacordo da patronal e os sindicatos e rematan a folga do sector do siderometal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Sindicatos e patronal reuníanse onte, dende as 10:00 horas ata as 01:00 horas, un encontro que pese a ser longo, case 13 horas, foi frutífero. Ambas partes conseguiron chegar a un acordo satisfactorio para todos. Agora está nas mans dos traballadores aceptalo e poñer fin á folga ou non. Esta mañá, ás 12:00 horas, reuníanse en asemblea os sindicatos cos seus traballadores para tomar esta decisión. Os traballadores aceptaron o preacordo, considerando que o esforzo e a loita destes 16 días “valeu a pena”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Dende este mesmo mediodía, a folga indefinida do siderometal remata e os traballadores volven á súa actividade.

O preacordo consiste nunha suba do 5% para o 2022 con cobro de atrasos dende xaneiro; unha subo do 5,5% para o 2023 e do 4,5% para o 2024. O total da suba salarial será do 15% para os tres anos. Inclúese unha cláusula de revisión salarial do IPC cun máximo del  18%  nos tres años de vixencia do convenio. Acórdase unha xornada de 8 horas consolidadas para o 2023 e un día de libre disposición no 2023 e outro no 2024.

A folga indefinida do sector siderúrxico iniciouse o pasado 5 de outubro. Este conflito ameazaba con atrincheirarse polas discrepancias entre ambas as partes, ata onte.