O alcalde Paco Fumega traslada ó Padroado a vontade da reincorporación da traballadora do Asilo Irmáns Prieto que fora despedida de xeito “improcedente”

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, mantivo a pasada semana unha reunión co representante comarcal da CIG e con varias traballadoras do Asilo. Trala reunión, acordaron que o rexedor actuaría como intermediario entre as partes para tratar de chegar a un acordo que satisfaga a ambos. Ademais, tamén amosou a súa postura como patrono do Padroado de apostar pola readmisión da traballadora, logo da sentenza xudicial.

Segundo o alcalde, e ratificado por unha última conversa, o padroado nunca se inmiscuiu na xestión do centro pero que neste caso era necesario tender pontes para solucionar este conflito.

AVANTAR ACTIVIDADES

Se hai un punto común no que todas as partes están de acordo é no correcto coidado ós anciáns que residen neste centro e ese coidado é unha prioridade. O alcalde desta certas melloras que se están implementando para garantir o coidado día a día.

A dirección do Asilo facía onte mesmo un comunicado no que reafirmaban  que a dirección do centro viuse obrigada a proceder ao despido de dous traballadores, asegurando que foi despois de que ambos provocasen un trato inadecuado a un residente. Tamén aseguran que respaldan a liberdade sindical e que non houbo ninguna represalia xa que non se acredita que a empresa coñeza que a demandante é afiliada ao sindicato CIG.