Este venres 21 chega ao Carballiño unha das grandes películas do ano, “La hija oscura”, cun gran número de nominacións a Premios en diversos festivais (BAFTA, Oscar…), gañadora do Premio ao mellor guión no Festival de Venecia, alabada por crítica e público. Está magnificamente interpretada por Olivia Colman (nominada ao Óscar á mellor actriz) e por Jessie Buckley (nominada ao Óscar á mellor actriz secundaria).
Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 horas en VOS, no Auditorio Manuel María do Carballiño.