Ribadavia recupera a Noite Meiga cunha programación escalofriante para o 29 de outubro

Despois de 22 anos a Noite Meiga segue máis viva que nunca polo que este ano vai celebrar a súa 21 edición debido a que a do 2020 non se puido celebrar por motivo do COVID, senón sería a número 22; destacar que esta celebración do Samaín foi a primeira en realizarse en todo Galicia e cada día ten máis seguidores e moitas localidades que seguiron os pasos de Ribadavia e agora tamén o están celebrando. A Noite Meiga sempre quixo separarse da celebración americana do Halloween polo que a data de celebración sempre adoita ser outra, xa que en Ribadavia celébrase a festa de orixe Celta que é o Samaín. Este ano celebrarase o sábado 29 de outubro, aínda que queremos destacar que o venres 28 xa ten lugar o comezo da primeira actividade deste ano que será un Scape Room que levará a cabo no marco incomparable da igrexa da Madalena.

A festa é organizada pola asociación Ribadavia Activa.T que está formada totalmente por mulleres aínda que contamos con centos de voluntarios que fan posible que esta festa sexa un éxito todos os anos, destacar tamén que é para todos os públicos pois hai actividades para todos as idades.

AVANTAR ACTIVIDADES

A parte das actividades de todos os anos como poden ser: o Desfile, Pasaxe do Terror, Baile de Feiticeiros, Mago, Representación da Queimada, Exposicións de Carteis e Cabazas, Actuacións Músicales, Danza , Mercado Meigo, destacar unha novidade nesta nova edición que é Orientaventura Meiga, que é unha actividade grupal, ideal para facer en familia ou cos amigos.


Tamén haberá animación de rúa a cargo dos Tabaleiros da Istoria e aMEKANIKA ROLLING BAND e o concerto de fin de festa correrá a cargo de THE LELLI KELLY´  no Club Artístico.
Tamén queren destacar que contarán cun Punto Violeta no posto de venda de cadeliños quentes na Praza Maior, onde se pode acudir si alguén precisa axuda ou quere denunciar algunha situación. As persoas que se atoparan alí encargaranse de dar axuda a quen a necesite.