A Deputación colaborará coa CIG na primeira edición do premio Etelvino Blanco

Manuel Baltar reuniuse co secretario comarcal da CIG, Anxo Pérez Carballo, para abordar a cooperación do goberno provincial na homenaxe ao histórico sindicalista ourensán

Ourense, 19 de outubro de 2022.- A Deputación de Ourense colaborará coa CIG na primeira edición do premio Etelvino Blanco, en memoria do histórico sindicalista ourensán. 

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse esta mañá no Pazo Provincial co secretario comarcal da CIG, Anxo Pérez Carballo, para abordar os detalles desta colaboración nunha reunión de traballo na que tamén estivo Plácido Álvarez, vicepresidente terceiro e deputado de Administración Provincial. 

Anxo Pérez Carballo explica que o premio Etelvino Blanco, de carácter anual, nace para distinguir a persoas ou colectivos que sobresaian na reivindicación “cívico-sindical” nun homenaxe a Etelvino Blanco (1955-2019), “patrimonio de Ourense como así o entende o propio presidente”. 

Anxo Pérez Carballo tamén entregou un documento da situación sociolaboral da provincia de Ourense realizado pola CIG, que será estudado polos técnicos da administración provincial.