Congreso constituínte do Partido Galego

CONGRESO CONSTITUÍNTE DO PARTIDO GALEGO (PG)

O Partido Galego celebra o seu congreso constituínte no concello de Arzúa, un
evento imprescindible despois de dous anos de andadura dende a presentación en Decembro de 2020 en Melide.
Dous anos moi difíciles e complicados polos acontecementos vividos tan graves e dolorosos para poboación en xeral acontecidos neste período debido primeiro á pandemia e de seguido pola guerra de Ucraína e as súas consecuencias derivadas.
O Congreso e necesario para consolidar as novas incorporacións, e tamén importante a renovación dos órganos de dirección, sen esquecer que hai que dar un impulso decidido de cara as Eleccións Municipais de maio de 2023. Estes son varios dos obxectivos que marcamos como mais relevantes do congreso.
O congreso constará de dúas partes:

AVANTAR ACTIVIDADES
  • A primeira terá apertura as 10.30 e participará toda a afiliación, rematando a sesión as 17.00 coa elección dos órganos de dirección entre os que está a Eecretaria Xeral e a Presidencia.
  • A segunda dará comezo as 17.15 e estará aberto o Congreso a participación de simpatizantes e
    convidados, e continuará coas intervencións da Secretaria Xeral e Presidencia