Expourense acolle ata o domingo o 13º Salón do Automóbil novo e de ocasión

14 concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O., participan como expositores no 13º Salón do Automóbil que abriu hoxe as súas portas en Expourense e durará ata o domingo 23 de outubro. Haberá un único salón onde se poderán atopar coches novos e tamén de ocasión. Hoxe falamos cun dos expositores, o xefe de ventas de Bétula Cars, do Grupo Pérez Rumbao. Destacou que os concesionarios valoran moi positivamente esta feira, e máis ó verse ameazada pola folga indefinida do siderometal, xa resolta.

Como incentivo para animar aos visitantes, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do prezo de compra do vehículo adquirido.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este ano repítese tamén a colaboración con Cáritas Ourense, entidade que recibirá ao rematar estas citas 15 euros por cada vehículo vendido que será achegada entre Expourense e ACAUTO.

O horario do 13º Salón do Automóbil será o xoves 20 e o venres 21 de outubro de 11.00 a 20.30 h.; o sábado 22 de outubro de 10.00 a 20.30 h., e o domingo 23 de outubro de 11.00 a 20.00 h. Quedan todos convidados.