Juan Míguez, xefe de Protección Civil, recibe a mella de prata ó mérito pola súa traxectoria

Juan Míguez Otero, xefe do grupo de voluntarios de Protección Civil do Carballiño, foi distinguido coa medalla de prata ao mérito de Protección Civil de Galicia 2021. O recoñecemento realízano a Vicepresidencia Primeira e o Ministerio de Presidencia, Xustiza e Turismo. Míguez leva tres décadas colaborando co grupo de voluntarios carballiñeses.

Na categoría de ouro, a Vicepresidencia outorga este ano a medalla a todas as agrupacións de Protección Civil de Galicia, pola súa colaboración durante a pandemia.

AVANTAR ACTIVIDADES

A concesión destas distincións terá lugar nun acto público na Estrada, que tamén incluirá os de 2019.