O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese coa nova alcaldesa de Cenlle

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, reuniuse esta mañá coa nova alcaldesa de Cenlle, Rebeca Sotelo, á que despois de analizar as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica, desexoulle unha etapa exitosa na responsabilidade que acaba de principiar.

Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia; entre eles, a solicitude dun tractor desbrozadora en colaboración coa Deputación de Ourense; así como impulsar un polígono agroforestal en Sadurnín.

AVANTAR ACTIVIDADES

Outro dos temas que trataron foi o da instalación de céspede artificial no campo de fútbol de Cenlle e a posible colaboración para a construción dunha residencia de maiores.