“Sempre nos quedará Venecia” na Mostra de Teatro Amador este sábado

Temos de novo no Carballiño unha das obras participantes na XV Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” que organiza Tiruleque co patrocinio da Deputación de Ourense e o Concello do Carballiño.

Este sábado, 22 de outubro, achegarase á vila a compañía de Verín LA CAJA DE PANDORA cunha comedia dramática que, co título SEMPRE NOS QUEDARÁ VENECIA, asómanos ao mundo das residencias de maiores, ao tempo de contarnos cun un diálogo irónico o abandono no que se atopan moitos deses residentes, esperando nas fins de semana as visitas dos familiares que ás veces nunca chega, se non hai cartos polo medio. Un tema tratado con certa comicidade pero que nos fai ver a situación de tristura que os nosos maiores padecen moitas veces.

AVANTAR ACTIVIDADES

A representación será mañá sábado, no Auditorio Manuel María da vila do Carballiño as 20:00 horas.